Carolina
- Exclusive ContentScan the cover in the app
- CommunityDiscuss & Share
About this book
Durante unha contenda civil sen piedade, Carolina Ernau loita por seguir con vida. Os vencedores non se conforman con eliminar físicamente aos vencidos: queren ademais impedir que estes poidan pensar e imaxinar. Carolina únese aos maquis e comparte a súa afección pola lectura, sobre todo polos títulos que a formaron como persoa e que tivo que ler en segredo, á luz dun candil ou cun foco de lanterna.
Sobre ela pesan ameazas de prisión, tortura e morte. A novela narra unha vinganza, a dunha persoa que non tolera que os crimes queden impunes e decide impartir xustiza coas súas propias mans. As súas accións levan a situacións arriscadas que poñen en perigo a quen participa no cometido.
Entre esas persoas está o xornalista Tomás Abilleira, que comeza a investigar a Carolina despois de coñecer a Rosalía Mera, unha enxeñeira que traballou para os nazis nos anos corenta do século XX.
Carolina é a última novela de Alberto Canal, unha historia de paixóns, vinganza e libros que, pola empatía que xera, convén ler de noite e cunha lanterna na man.
Reader reviews
No reviews yet. Share your thoughts on this book in the Appilog app.
Book Details
- ISBN
- 9788411101363
- Author
- Alberto Canal
- Publisher
- Unknown Publisher
- Genres
- Thriller & SuspenseHistorical Fiction
Media & Extras
This book has 0 videos that play on its cover. Scan the cover with the Appilog app to watch.
Get the app
