Coa man esquerda
- Exclusive ContentScan the cover in the app
- CommunityDiscuss & Share
About this book
Un escritor retirado vive en Lisboa, con vistas á foz do Texo, e un día recibe un sobre. Dentro hai unha nota e un cartafol de follas escritas a man, a présa e sen orde. Quen as redactou é un home maior que está a piques de morrer nunha residencia de anciáns golpeada pola pandemia. Nelas relata os sucesos inquietantes que viviu de neno na casa familiar, illada da aldea, uns feitos que o marcaron para sempre.
Aquel escrito, a medio camiño entre a confesión e o legado, permitirá ao vello quitarse un peso de enriba. Ao escritor que o recibe, ademais, levaralo a descubrir un segredo sobre si mesmo que ignoraba.
Xabier Quiroga volve con esta obra, baseada nun feito real, cun estilo moi libre e sedutor e cun ritmo que apenas deixa folgos. A narración está en mans dun narrador que obedece aos ditados da memoria, e o lector queda envolto na atmosfera asfixiante dun lugar inhóspito, exposto ás mesmas relacións que rodean o neno. É unha historia dura e tenra á vez, estarrecedora ao final, que nos achega á eterna vileza do ser humano.
Reader reviews
No reviews yet. Share your thoughts on this book in the Appilog app.
Book Details
- ISBN
- 9788411103114
- Author
- Xabier Quiroga
- Publisher
- Unknown Publisher
- Genres
- Literary & General Fiction
Media & Extras
This book has 0 videos that play on its cover. Scan the cover with the Appilog app to watch.
Get the app
