Misarela
About This Book
Despois de Portosanto, o autor (Torrelavega, 1977) segue desvelando os segredos ocultos da historia de Galicia e mergúllanos nun dos misterios máis esgazadores do final da Idade Media. Xa só as tempestades visitan os cumios do pequeño eremitorio da Misarela, ao que chega un perigoso cargamento que foxe dun destino tráxico. Desde ese intre, a paz dos cenobitas vira en convulsa e incerta. Xa nada lles será alleo. Avecíñanse novos tempos. É a fin dunha Era. Chega a invención do artiluxio máis revolucionario da Historia. Tamén o descubrimento dun novo mundo, alén do mar océano. Mesmo a opción máis desesperada pode servirlle ao custodio dos libros para salvar o seu legado ancestral. Para estender a luz sobre as tebras. Cambiar o mundo para sempre. Porque alí onde queimen libros, rematarán por queimar persoas.
ISBN: 9788491517603
Unlock Exclusive Content
Experience the hidden layers of 'Misarela'. Scan the book cover with the Appilog mobile app to see behind-the-scenes videos, author reviews, and interactive digital stories.
Available on iOS & Android

